Listen

Description

Edición número 1280 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 4 de maio por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 5 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os novos discos de Salvador Sobral e as Akkajee, ademais do novo remix de Mikko Heikinpoika a partires dunha peza orixinal das Tuuletar. Completamos coa folktrónica de Baiuca e os Suistamon Sähkö, ademais de cunha peza do último disco de Perttula.