Edición número 1281 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 11 de xuño por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 12 a través de Cuac FM A Coruña e máis a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os novos discos de Riitta Paakki, Joe Lovano e Nicholas Lens & Nick Cave. Estreamos tamén un novo tema adianto do vindeiro disco de Nastasia Zürcher, desta volta coa colaboración de Pablo Lesuit. Completamos o programa co Narci Rodríguez dA Trío.