Listen

Description

Edición número 1282 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 18 de xuño por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 19 por Cuac FM A Coruña e máis a Radio Municipal de Redondela. Estreamos "Hikikomori", o novo disco de La Chicana, e tamén o noso disco da semana. Entra tamén o quinto volume da serie "Republicabrofeat", compilado por DJ Floro. Escoitamos temas de Newen Abrobeat, Funmilayo Afrobeat Orquestra, Atomga e Simphine Dana. Completamos o programa con Salvador Sobral e Nastasia Zürcher a dúo con Pablo Lesuit.