Edición número 1283 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 25 de xuño a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 26 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Con este programa pechamos a tempada 2020-2021. Estaremos de vacacións até a primeira fin de semana de setembro. Adicamos o programa a novidades galegas presentadas ao longo dos últimos meses. Escoitamos temas de Pablo Sanmamed, Sumrrá, o Abe Rábade Trío, a Orquestra Galega de Liberación, Trilitrate, Loiros, Baiuca e Fernando Abreu & Xela Arias.