Listen

Description

Edición número 1288 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 1 de outubro por RKV Radio e Radio Crónica Folk Musical, e o día 2 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Escoitamos os novos discos de Hugo Arán, Toumani Diabaté coa Orquestra Filarmónica de Londres e Sofia Labropoulou. Escoitamos tamén, dende o disco compilatorio “Great tunes from the World Music Charts Europe”, pezas de Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre, La Banda Morisca e Lina & Raül Refrée.