Listen

Description

Edición número 1290 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 15 de outubro por Radio Crónica Folk Musical e a RKV Radio. O sábado 16 soamos tamén a través de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Adicamos o programa á oitava edición dos Premios Martín Códax da Música Galega. Escoitamos, organizadas por categorías, pezas de María Toro (Jazz), Alberto Vilas (Música clásica e contemporánea), Fernando Abreu (Música clásica e contemporánea), Dous (Músicas do mundo), Narci Rodríguez dA Trío (Blues, Funk e Soul), MJ Pérez (Canción de autor), Loiros (Rock) e o dúo Caamaño & Ameixeiras (Folk).