Edición número 1291 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 22 de outubro por RKV Radio Vigo. O sábado 23 soamos tamén a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Reondela, e o mércores 27 por Radio Crónica Folk Musical.
Escoitamos os novos discos de AySay e Rodrigo Leão. Completamos o programa con jazz galego: escoitamos pezas de María Toro, o Atlantic Bridge Jazz Project e o proxecto Límbico. Pechamos o programa con Damir Imamović, dende o disco “Great Tunes from World Music Charts Europe”.