Edición número 1295 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 19 de novembro por RKV Radio e o sábado 20 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 24 de novembro puidestes nos escoitar tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.
Estreamos o novo disco de Sam Lee e as novas músicas de Bob Holroyd para o subselo "X", de Real World Records. Estreamos tamén o fantástico compilatorio "Changüí: The Sound of Guantanamo", do selo Petaluma Records. Pechamos o programa con Susana Baca.