Edición número 1296 de O Recanto do Corcovado. Soou o venres 26 de novembro por RKV Radio e o sábado 27 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 1 de decembro entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.
Estreamos os novos discos de Javier Otero Neira, Pepe Rivero & Ángela Cervantes e Joe Hishaishi. Falamos tamén do concerto de Alberto Vilas e Fernando Abreu no Culturgal, e de Guadi Galego no García Barbón de Vigo, desta volta dentro do ciclo Porto Maresía.