Listen

Description

Edición número 1308 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 18 de febreiro por RKV Radio e o sábado 19 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 23 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Adicamos o programa a novidades jazzísticas, algunhas delas aínda non editadas oficialmente. Escoitamos os novos proxectos de Chano Domínguez & Antonio Lizana, Hot Heros, Ilmiliekki Quartet, Jembaa Groove, Koma Saxo & Sofia Jernberg e máis do Joonas Toivanen Trío.