Edición número 1313 de O Recanto do Corcovado. Emitiuse o venres 25 de marzo a través de RKV Radio e o sábado 26 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 30 soamos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.
Estreamos os novos discos de Marco Mezquida, Andrea Motis e Jembaa Groove. Pechamos cun adianto do vindeiro disco da Rhabdomantic Orchestra, á venda no vindeiro mes de maio.