Listen

Description

Edición número 1316 de O Recanto do Corcovado. Soou o venres 15 de abril a través de RKV Radio Vigo e o sábado 16 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 20 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Estreamos os novos discos de Ugia Pedreira, Carles Dénia, Hurja Halla e Hannah Peel coa Paraorchestra. Completamos o programa cun par de pezas extraídas do novo disco de Xabier Díaz.