Listen

Description

Edición número 1317 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 22 de abril por RKV Radio e o sábado 23 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Reondela. O mércores 27 soamos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Estreamos os novos discos de Nastasia Zürcher e do Narci Rodríguez dA Trío. Soan a seguir pezas de Ugia Pedreira e Madalena Gamalho antes pasar á música do Canzoniere Grecanico Salentino e do dúo formado por Justin Adams e Mauro Durante.