Edición número 1321 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 20 de maio a través de RKV Radio e o sábado 21 a través de Cuac FM A Coruña e máis a Radio Municipal de Redondela. O mércores 25 soamos tamén na sintonía de Radio Crónica Folk Musical.
No programa de hoxe escoitamos fusión, afrobeat, highlife, pop de calidade e jazz. Estreamos os novos discos de Iiro Rantala, Eero Koivistoinen, os Ogún Afrobeat, Jimi Tenor coa UMO Helsinki Jazz Orchestra e os Rhabdomantic Orchestra. Completamos o programa dende Galiza con Nastasia Zürcher e o Narci Rodríguez dA Trío.