Edición número 1327 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 1 de xullo por RKV Radio e o sábado 2 por Cuac FM A Coruña e máis a Radio Municipal de Redondela. O mércores 6 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.
Adicamos o programa a discos galegos. Soan pezas de Tanxugueiras, A Banda da Loba, A Pedreira, Valentin Caamaño, Cró!, Orquestra Galega de Liberación, Javier Otero Neira e máis Nastasia Zürcher. Con este programa pechamos a nosa tempada número 22, a correspondente aos anos 2021 e 2022. Estaremos de volta a primeira fin de semana de setembro.