Listen

Description

Edición número 1331 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 23 de setembro por RKV Radio e o sábado 24 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 28 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Abrimos o programa dende Galiza para escoitarmos os novos traballos de Treixadura, Xoel López con Baiuca e máis Quico Comesaña. Na segunda parte do programa viaxamos até o Xapón para escoitar discos antigos recentemente reeditados. O primeiro, "Esperanto", editado por Ryuichi Sakamoto no ano 1985, e inédito fóra do seu país até finais do pasado ano. O segundo, "1975-1977", caixa que inclúe os tres primeiros discos do artista de avant-folk Kazuki Tomokawa.