Listen

Description

Edición número 1332 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 30 de setembro por RKV Radio e o sábado 1 de outubro por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 5 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Adicamos o programa á novena edición dos Premios Martín Códax da Música Galega. Aproveitando a gala de entrega de galardóns, que se realizará no Pazo da Cultura de Pontevedra o vindeiro 5 de outubro, repasamos parte dos proxectos finalistas. Escoitamos pezas de Katerina Linke, Fernando Abreu, Xosé Miguélez, Valentín Caamaño, Cuarteto Caramuxo, Os d'Abaixo, Nastasia Zürcher e Sofía Espiñeira. Adicamos tamén minutos á música de Fuxan os Ventos, premio honorífico deste ano.