Listen

Description

Edición número 1333 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 7 de outubro por RKV Radio e o sábado 8 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 12 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Abrimos con temas-adianto dos vindeiros discos de Guadi Galego e máis Katerina Linke. Escoitamos a seguir o novo disco de Omar Sosa e Marialy Pacheco, gravado ao vivo na Beethoven-Haus de Bonn. Pechamos o programa dende Finlandia cun adianto do inminente novo disco de Ismo Alanko e Kimmo Pohjonen, ademais de co último traballo da harpista Laura Hynninen.