Listen

Description

Edición número 1334 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 14 de outubro por RKV Radio e o sábado 15 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 19 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Estreamos os novos discos de J.D.Hive, Black Jesus Experience, Tigran Hamasyan e Esa Pethman. Adiantámosvos tamén pezas dos que serán os novos discos do trío Designers e do proxecto Uusi Aika. O primeiro será editado a comezos do vindeiro mes de decembro. O segundo, a finais de novembro. Ámbolos dous pertencen ao selo de Helsinki WeJazz.