Edición número 1335 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 21 de outubro por RKV Radio e o sábado 22 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 26 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.
Construímos o programa en clave jazzística: estreamos os últimos discos de Charles Lloyd, Gyedu-Blay Ambolley, Theo Croker, o Silva Kallionpää Quartet e máis Carl Stone.