Listen

Description

Edición número 1336 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 28 de outubro por RKV Radio e o sábado 29 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 2 de novembro entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Adicamos o programa a distintas novidades finlandesas, percorrendo vieiros sónicos que nos levan do folk ao trad para rematar de cheo na música experimental e no jazz contemporáneo. Escoitamos os novos traballos de Okra Playground, Kimmo Pohjonen & Ismo Alanko, Enkel, Dantchev Domain e Sylvain Rifflet & Verneri Pohjola.