Listen

Description

Edición número 1337 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 4 de novembro a través de RKV Vigo e o sábado 5 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 9, tamén de novembro, entramos a través de Radio Crónica Folk Musical.

A práctica totalidade do programa está adicada a discos galegos. Escoitamos pezas de Antía Muíño, Guadi Galego, Quico Comesaña, Sés e Xosé Miguelez. Completamos o programa con "Tornaviaje", o novo disco do artista de Miranda de Ebro Gonzalo del Val.