Edición número 1338 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 11 de novembro a través de RKV Vigo e o sábado 12 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 16, tamén de novembro, entramos a través de Radio Crónica Folk Musical.
Abrimos o programa con "Desvíos a Santiago", o máis que notable novo disco do quinteto Taracea. Escoitamos a seguir pezas de Pablo Sanmamed, Antía Muíño, Okra Playground e máis Solju.