Edición número 1339 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 18 de novembro a través de RKV Vigo e o sábado 19 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 23, tamén de novembro, entramos a través de Radio Crónica Folk Musical.
Adicamos o programa a distintos discos editados por selo Real World Records ao longo dos últimos meses. Escoitamos, logo, as últimas producións discográficas de Jasdeep Sighn Degun, Montparnasse Musique, Rokia Koné e Loney Dear. Pechamos o programa cos compilatorios, tamén editados por Real World, "Dub No Frontiers" e “Live at WOMAD 1982”.