Edición número 1340 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 25 de novembro a través de RKV Vigo e o sábado 26 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 30, tamén de novembro, entramos a través de Radio Crónica Folk Musical.
No programa de hoxe visitamos distintos xéneros: abrimos en clave jazzística para, a seguir, pasar ao ámbito do blues, o afrobeat e a fusión. Escoitamos os últimos traballos de Kerkko Korkinen/UMO Jazz Helsinki Orchestra/Linda Fredriksson, o Espen Eriksen Trio, Ry Cooder & Taj Mahal e Kokoroko.