Listen

Description

Edición número 1341 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 2 de decembro a través de RKV Vigo e o sábado 3 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 7 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Antía Muíño asina con "Carta aberta" o noso disco destacado da semana. Tédelo xa nas tendas a través de Raso. Escoitamos a seguir os novos discos de Sés e máis Iago Fernández. Completamos o programa con pezas que funcionan como adianto de discos que serán editados ao longo das vindeiras semanas: escoitamos "Noa", de Guadi Galego, ademais dun par de pezas do novo de Gecko Turner.