Edición número 1343 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 16 de decembro a través de RKV Vigo e o sábado 17 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 23 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.
Adicamos o programa a novidades finlandesas, todas elas catalogables dentro do ámbito do jazz contemporánea. Comezamos coas últimas catro producións do selo We Jazz: Designers, Uusi Aika, Ilmiliekki Quartet & Emma Salokoski e o Valtteri Pöyhönen Nonet. Deste último escoitamos un adianto do seu novo disco, que será editado no mes de febreiro. Pechamos o programa co cuarteto Signe e co Ilkka Arola Sound Tagine.