Listen

Description

Edición número 1346 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 6 de xaneiro a través de RKV Vigo e o sábado 7 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 11 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Adicamos os dous primeiros programas do ano aos 15 mellores discos do pasado 2022. Neste primeiro programa descubrimos os discos que ocupan do posto 15 ao 5. Son, por rigurosa orde:

15. A Banda da Loba: “Xabón lagarta” (Seis Pes Producións).
14. Mel: “A caixa e a chave” (Raso).
13. Madalena Gamalho: “Invento” (Brandit).
12. Cró!: “Buah!” (Spinda Records).
11. Orquestra Galega de Liberación: “Meets Portugal” (Autoedición).
10. Guadi Galego: “Roibén” (Altafonte).
9. Valentín Caamaño: “All the Gods” (Tiny Moon Records).
8. Xabier Díaz: “Levantarse e caer” (Músicas de salitre).
7. Antía Muíño: “Carta aberta” (Raso).
6. Cuarteto Caramuxo: “Reviravoltas” (Nakra).
5. Nastasia Zürcher: “But Life is Beautiful” (Autoedición).