Edición número 1347 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 13 de xaneiro a través de RKV Vigo e o sábado 14 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 18 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.
Adicamos os dous primeiros programas do ano aos 15 mellores discos do pasado 2022. Neste segundo programa descubrimos os discos que ocupan do posto 4 ao 1. Son, por rigurosa orde:
4. Su Garrido Pombo: “Patios de luz” (Autoedición).
3. A Pedreira: “Segmento Cantábrico” (Autoedición).
2. Quico Comesaña: “Mãe” (Autoedición).
1. Xosé Miguélez: "Contradictio" (Origin Records).