Edición número 1348 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 20 de xaneiro a través de RKV Vigo e o sábado 21 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 25 entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.
O Samudra Trío asina con "Odisea" o noso disco destacado da semana. Escoitamos tamén o novo disco de Brian Eno, "ForeverAndEverNoMore", ademais da nova revisión que Max Richter vén de gravar a partires de "As catro estacións", de Vivaldi. Completamos o programa con Su Garrido Pombo.