Listen

Description

Edición número 1349 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 27 de xaneiro a través de RKV Vigo e o sábado 28 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 1 de febreiro entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

O trompetista alemán Frederik Köster, á fronte dos Die Verwandlung, asina con "Stufen" o noso disco destacado da semana. Tédelo xa na rúa a través de Traumton. Escoitamos, ademais, un adianto do novo de Antti Lötjönen, “Circus/Citadel”, que será publicado por We Jazz no vindeiro mes de febreiro. A xeira de temas-adianto non remata aquí: escoitamos un par de pezas do que será o novo traballo de Gecko Turner, á venda a través de Lovemonk en poucos días. Completamos o programa con Xosé Miguélez e o Jean-Michel Pilc Trío, desta volta ao vivo.