Edición número 1350 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 10 de febreiro a través de RKV Vigo e o sábado 11 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 15 de febreiro entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.
Abrimos o programa con “O quarto”, primeiro adianto do novo traballo da lisboeta Carminho. Soan a seguir dúas pezas de Guadi Galego antes de entrar no universo musical de Agogo Records: escoitamos as novas cancións dos Jembaa Groove, desta volta con K.O.G., e dos Wanubalé. Adiantamos tamén, dende Real World Records, dous temas do primeiro disco de Polobi & The Gwo Ka Masters. Pechamos este bloque cos novos discos de Gecko Turner e Vieux Farka Touré & Khruangbin. Na recta final fo programa escoitamos a Tuomas Norvio, primeiro cun remix creado a partires da música das Vildá, e logo co seu proxecto con Kimmo Pohjonen e Ismo Alanko.