Edición número 1356 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 17 de marzo a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 18 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 22 a través de Radio Crónica Folk Musical.
Abrimos o programa dende Francia e Alxeria co último disco de Souad Massi. Escoitamos a seguir os novos traballos das finlandesas Kardemimmit e do dúo formado por Catrin Finch e Seckou Keita. Na segunda parte do programa desprazámanos até Brasil para escoitar os novos traballos de Tagua Tagua e Sessa. Pechamos o programa co marabilloso "Atlantis", disco editado no ano 1973 por Daniel Salinas, aproveitando a súa reedición en formato CD.