Edición número 1357 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 24 de marzo a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 25 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 29 a través de Radio Crónica Folk Musical.
Escollemos “To the Moon and Back”, disco tributo a Ryuicho Sakamoto, como o noso traballo destacado da semana. Escoitamos pezas de Alva Noto, David Sylvian e Electric Youth. Estreamos tamén as últimas gravacións de Jean-Michel Jarre, Daniel Lanois, Keith Jarret e Arild Andersen.