Edición número 1359 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 7 de abril a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 8 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 12 a través de Radio Crónica Folk Musical.
Saímos de roteiro por Estonia, Finlandia e Bosnia, partindo dunha perspectiva trad mais sen renunciar a certo aperturismo rock. Escoitamos os novos traballos de Trad.Attack!, Laura Moisio, Ismo Alanko, Frigg e Lakiko.