Edición número 1365 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 19 de maio a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 20 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 24 de maio a través de Radio Crónica Folk Musical.
Adicamos o programa na súa totalidade aos Premios Martín Códax da Música Galega. Repasamos os finalistas de todas as categorías e escoitamos pezas de parte dos proxectos nominados. Lembrade que este programa é finalista na categoría adicada aos medios de comunicación e difusión musical. Escoitamos pezas de Sila Lúa, Fillas de Cassandra, Valentín Caamaño, David Regueiro Trío, Lucía Martínez & The Fearless, Quico Comesaña, Xurxo Fernandes, Su Garrido Pombo, Mel, Madalena Gamalho e Catuxa Salom.