Listen

Description

Edición número 1367 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 2 de xuño a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 3 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 7 de xuño a través de Radio Crónica Folk Musical.

Desta quenda non saímos do país: escoitamos os últimos traballos de Caldo, Pablo Castaño & Ivan Vilela, Baiuca, Fernando Barroso e o Nostos 4tet. Engadimos unha corrección: o título correcto do disco dos Caldo é "Lugar a ponte", e non "O que fomos", como dicimos na gravación. Pedimos desculpas polo lapsus línguae.