Edición número 1368 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 9 de xuño a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 10 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 14 de xuño a través de Radio Crónica Folk Musical.
Abrimos o programa coa décima edición dos Premios Martín Códax da Música galega. Escoitamos pezas de parte dos proxectos gañadores: Su Garrido Pombo (Canción autoral), Quico Comesaña (Folk) e David Regueiro (Jazz e músicas improvisadas). Estreamos a seguir os novos proxectos de Néboa, Sús, Vila Navio e Silvana Estrada.