Listen

Description

Edición número 1371 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 30 de xuño a través de RKV Radio Vigo e o sábado 1 de xullo a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. O mércores 5 de xullo entramos tamén a través de Radio Crónica Folk Musical.

Escoitamos os novos traballos de Bokanté (disco destacado da semana), Mari Kalkun, Frigg, Trad.Attack!, Inna de Yard, Jantra e Lena Jonsson. Con este programa pechamos a nosa tempada 2022-2023. Volveremos con programas novos a fin de semana do 8 de setembro. Bo verán a todas e todos!