Edición número 1372 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 8 de setembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 9 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 13 de setembro a través de Radio Crónica Folk Musical. Con este programa abrimos a nosa tempada 2023-2024, a número 24.
Escoitamos os últimos traballos de Mondra, Fillas de Cassandra e Terrae & Nastasia Zürcher. Dende Finlandia, escoitamos tamén os novos temas de Vimma, Vilma Jää e Sähköpaimen. Pechamos o programa dende Estonia con Mari Kalkun.