Edición número 1377 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 13 de outubro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 14 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 18 de outubro a través de Radio Crónica Folk Musical.
Estreamos os últimos discos de Ruiseñora e Xoel López, ademais do primeiro sinxelo do proxecto Saint Malo. Completamos o programa con Rodrigo Cuevas, Guadi Galego e Nastasia Zürcher. Dende o disco "Repúblicafrobeat 6" escoitamos, para rematar, pezas dos Ogún Afrobeat e de Cacique'97.