Listen

Description

Edición número 1380 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 3 de novembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 4 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 8 de novembro a través de Radio Crónica Folk Musical.

Escollemos "Quitar o aire", o novo traballo de Caamaño & Ameixeiras, como disco destacado da semana. Escoitamos tamén os últimos discos de Marco Mezquida, Carles Dénia e Barahúnda. Completamos o programa con adiantos dos vindeiros discos de Catuxa Salom e Lina.