Edición número 1381 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 10 de novembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 11 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 15 de novembro a través de Radio Crónica Folk Musical.
Escollemos como traballo destacado da semana "Kosto", o disco debut da artista finlandesa Vilma Jää. Escoitamos tamén, sen saír do país nórdico, os novos traballos de Pekko Käppi & K:H:H:L, Ilkka Heinonen, Aki Rissanen e máis Tapani Rinne.