Edición número 1383 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 24 de novembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 25 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 29 de novembro a través de Radio Crónica Folk Musical.
Abrimos o programa con "Once cancións e unha danza", o novo disco para piano solista de Alberto Vilas. Presentarao ao vivo no Multiusos da Xunqueira de Redondela o vindeiro sábado 9 de decembro, ás oito do serán. Estreamos, ademais, "Luz do norte", a nova canción de Nastasia Zürcher e Guadi Galego. Pechamos a páxina adicada á actualidade cos últimos traballos de Casapalma, Mo' Horizons e Newen Abrobeat, desta volta coa colaboración de Lido Pimienta. Completamos o programa con pezas de Caamaño & Ameixeiras e Marco Mezquida.