Listen

Description

Edición número 1390 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 12 de xaneiro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 13 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 17 a través de Radio Crónica Folk Musical.

Segunda parte do noso repaso os mellores discos galegos do 2023. Escoitamos do posto 6 ao 1, e desvelamos cal foi, na nosa opinión, o mellor disco galego do ano. Estes discos son:

6. Caldo: “Lugar a ponte” (Luneda/Autoedición).
5. Ataque Escampe: “Cabalgata” (Autoedición/Tremendo Audiovisual).
4. Pablo Sanmamed: “Zugunruhe” (ACentralFolque).
3. Loiros: “Back from the Edge” (Autoedición).
2. Alberto Vilas: “11 cancións e unha danza” (AMG).
1. Caamaño & Ameixeiras: “Quitar o aire” (Raso).