Listen

Description

Edición número 1397 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 1 de marzo a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 2 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 6, tamén de marzo, a través de Radio Crónica Folk Musical.

Abrimos o programa co último disco do trío turco Lalalar. Estreamos a seguir os novos sinxelos da banda suíza Meril Wubslin e do grupo francomarroquí Bab L'Bluz. Na segunda parte do programa visitamos Arxentina e a península ibérica, pechando a viaxe na Galiza: escoitamos os últimos proxectos de Guada, Las Nietas del Charli, Ana Lua Caiano, Lina, Antía Muíño, Sofía Espiñeira e A banda da Loba.