Edición número 1398 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 8 de marzo a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 9 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 13, tamén de marzo, a través de Radio Crónica Folk Musical.
Escollemos "Axúdame a sentir", o novo traballo de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, como disco destacado da semana. Estreamos, ademais, adiantos dos novos discos da Pedreira, Nancy Vieira e Za! con Perrate. Na parte final do programa mergullámonos no subselo "X", de Real World, para escoitarmos os últimos proxectos do colombiano Savan e do dúo formado por Owen Spafford e Louis Campbell.