Edición número 1405 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 26 de abril a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 27 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 1 de maio a través de Radio Crónica Folk Musical.
Adicamos o programa desta semana a propostas jazzísticas editadas nos útlimos meses. Escoitamos os novos traballos de Vijay Iyer, Ambrose Akinmusire, Joe Ross e Otis Sandjsö. Pechamos o programa co primeiro adianto do novo traballo do Jonathan Bäckström Quartet, á venda nunhas semanas a través de WeJazz.