Edición número 1417 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 20 de setembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 21 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 25 de setembro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 28 na sintonía de Rádio Filispim.
Hai algunhas semanas, a artista finlandesa Venla Ilona Blom presentou oficialmente o seu último proxecto, Nevrak. Nel reflexiona sobre os espazos físicos de onde extrae a súa inspiración, mais aborda tamén os seus medos e traumas, entrando de cheo nun topos onde converxen referencias musicais plurais. Entra tamén o novo disco do Víík, banda nórdica de folk referencial formada por músicos daneses, suecos e noruegueses. Pechamos esta páxina adicada a músicas nórdicas con “Svängo nuevo”, a última producción do cuarteto finlandés Sväng. Na segunda parte do programa entramos no mundo musical do selo Real World. Preséntovos as últimas producións de The Breath, John Metcalfe e Nusrat Fateh Ali Khan con Party.