Listen

Description

Edición número 1431 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 27 de decembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 28 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 1 de xaneiro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 4, tamén de xaneiro, na sintonía de Rádio Filispim.

Chegamos ao remate do ano 2024. Para despedir o ano, preséntovos dous discos sobresalientes, ámbolos dous asinados por artistas galegos. O primeiro, “Tempo de cor”, de Abe Rábade. Gravouno, de novo, con Bruno Pedroso á batería e Pablo Martín Caminero ao contrabaixo. O disco funciona como una reflexión de natureza metamusical onde Rábade dialoga coas pinturas da artista Beatriz Saá. O resultado final é extraordinario. Segue esta mesma liña de excelencia “Música imaginaria”, a nova produción de Baldo Martínez. O proxecto foi apadriñado polo Festival de Jazz de Vitoria-Gasteiz a partires dunha residencia que se concretou nos escenarios do propio festival, no ano 2023. A música deste disco é complexa e inqueda. Baldo Martínez foxe de posicións acomodadas para crear un traballo coral onde damos con referencias musicais plurais —da música popular ao bop; dos loops melódicos obsesivos á progresión rítmica máis imprevisíbel—. Estes discos son, sen dúbida, dúas das mellores producións galegas do 2024. Na recta final do programa estréovos o primeiro sinxelo extraído de “Gravity”, o novo disco do trío de Joona Toivanen. Editarao WeJazz o vindeiro 31 de xaneiro. Completamos o programa con “After Bach II”, segundo volume consagrado á revisión persoal que Brad Mehldau realiza da música de Johann Sebastian Bach.